Kanka naceu do desexo dun apaixonado xogador de rol que quixo crear e administrar un mundo para os seus xogadores. Despois de probar unhas cantas opcións dispoñíbeis e concluír que ningunha delas encaixaba co que quería, comezou o desenvolvemento de Kanka no outono de 2017.
Fundador e Desenvolvedor Principal
Creei Kanka en outubro do 2017 porque non había unha ferramenta que me permitise crear un mundo facilmente coas miñas amizades e que ao mesmo tempo me deixase controlar quen pode ver ou facer cada cousa.
No inicio do 2020 dei un salto de fe e comecei a traballar a tempo completo en Kanka grazas ao apoio das miñas amizades e da comunidade.
Cofundador e Xerente de negocios
Jay e eu somos amigos dende hai case unha década, e foi emoicionante velo desenvolver Kanka durante os últimos anos.
No inicio do 2020, xunteime a Jay para manexar tanto o desenvolvemento do negocio como o marketing, e non mirei atrás dende entón!
Xerente da comunidade e Líder de Garantía de calidade
Comecei a usar Kanka a principios do 2018 e fun unha das primeiras persoas en unirme ao Discord. Deseguida empecei a dar traballo a Jay, facendo unha gran lista de posíbeis funcionalidades para os (entón inminentes) calendarios.
Hoxe en día axudo á comunidade en Discord e Reddit, e rompo as novas versións para que ti non teñas que facelo.
Garantía de calidade e Incorporacións
ChaosOS#1948Kanka é traducido a outras linguas grazas á nosa incríbel comunidade. Se queres axudar a traducir Kanka á túa lingua, contacta connosco no Discord!
Alemán: TheFurya, Yanila, Thogrim, Xoltax
Castelán: Helionking, Raigho
Catalán: Helionking
Italiano: Dreadino, Arroagantes, VolpeNera
Húngaro: Kildar, Orkogo, orwen89
Portugués do Brasil: Mire, JP, Republik
Croata: Blaze
Hebreo: Beefpotato
Galego: Daenvil
Ruso: Ilia
Eslovaco: Babcom
Polaco: Gramel Books
Neerlandés: ThatChickenGuy
Francés: Ilestis
O salón da fama foi movido á súa propia páxina.