Saltar navegación

Xestión de campañas de rol e creación de mundos e historias. Todo en un.

Kanka é unha ferramenta perfecta para crear mundos e administrar campañas de rol. Axudámoste a crear e organizar as túas campañas e mundos co noso sistema de @mencións e un amplo abano de funcionalidades como calendarios, mapas interactivos, liñas temporais, organizacións, familias, personaxes, e moito máis!

Youtube video

Unha nova maneira de monitorizar a creación de mundo e as campañas de rol.

Kanka está dispoñíbel en calquera dispositivo e é actualizada frecuentemente con novas funcionalidades e melloras. Esquécete de perder notas desperdigadas, en Kanka terás todo nun só lugar, doado de atopar e fácilmente accesíbel.

Kanka tabletop rpg campaign management and worldbuilding dashboard

Funcionalidades potentes e flexíbeis

Coas nosas @mencións, etiquetas, e sistema de permisos en profundidade, Kanka facilita a xestión do teu mundo ou campaña. Isto inclúe Personaxes e as súas relacións, Lugares e a súa historia, Misións e os seus obxectivos, Liñas temporais e as súas eras, e Calendarios con tanto eventos como fenómenos meteorolóxicos. E por se fose pouco, as usuarias de Kanka teñen voz e voto en decidir que novas funcionalidades son implementadas a través dos Votos da Comunidade.


Uso gratuíto

Non che gusta ter que pagar por funcionalidades básicas? A nós tampouco, por iso todas as funcionalidades principais de Kanka son de balde, incluíndo poder ter campañas ilimitadas, número de integrantes ilimitado, e control total sobre que pode ver cada integrante. Tamén dispoñemos de varias bonificacións para as nosas subscriptoras moi útiles, pero non esenciais.

Colaborativo

Construímos Kanka para dar soporte a mundos con múltiples integrantes e campañas. Engade amizades á campaña, asígnalles un ou varios roles, e controla a que información teñen acceso. Tamén podes ver a campaña como calquera integrante en calquera momento, para asegurarte de que a visibilidade do contido é correcta.

Entidades de Kanka

Kanka está construído en torno a unha lista duns 20 tipos de entidade diferentes. Estes son tipos predefinidos para elementos esenciais dunha campaña, incluíndo personaxes, lugares, familias, obxectos, misións, cadernos, calendarios, liñas temporais, e máis cousas. Todos comparten algunhas funcionalidades, mais son únicos e interaccionan de formas diversas entre si.