Saltar navegación

Funcionalidades potentes e flexíbeis

Kanka está constantemente sendo actualizada con novas funcionalidades e melloras, mais aquí están algunhas das máis importantes que pensamos que che gustarán.

Uso gratuíto

Non che gusta ter que pagar por funcionalidades básicas? A nós tampouco, por iso todas as funcionalidades principais de Kanka son de balde, incluíndo poder ter campañas ilimitadas, número de integrantes ilimitado, e control total sobre que pode ver cada integrante. Tamén dispoñemos de varias bonificacións para as nosas subscriptoras moi útiles, pero non esenciais.

Colaborativo

Construímos Kanka para dar soporte a mundos con múltiples integrantes e campañas. Engade amizades á campaña, asígnalles un ou varios roles, e controla a que información teñen acceso. Tamén podes ver a campaña como calquera integrante en calquera momento, para asegurarte de que a visibilidade do contido é correcta.

Taboleiros de campaña

O taboleiro é a páxina principal da túa campaña. Cada campaña pode personalizar o taboleiro engadindo complementos dunha longa lista de opcións. Para campañas grandes con múltiples grupos, as campañas potenciadas poden crear varios taboleiros destinados a roles distintos.

Aprende máis sobre esta funcionalidade
kanka dashboard feature

Modular

Concentramos os nosos esforzos en construís ao redor de 20 módulos en Kanka centrados en distintos aspectos das campañas de rol e da creación de mundos en xeral. En cada campaña, podes crear personaxes, lugares, familias, organizacións, obxectos, misións, cadernos, calendarios, eventos, habilidades, e máis cousas. Non precisas habilidades? Non hai problema, podes desactivar módulos individuais en cada campaña, simplificando a túa experiencia para as túas necesidades.

Actualizacións frecuentes

Kanka non só é un equipo de dous creadores de mundo apaixonados. É unha gran comunidade de persoas dedicadas que nos axudan a dar forma a cada actualización. Énchenos de orgullo traballar nas funcionalidades que a nosa comunidade máis desexa. De media, publicamos dúas actualizacións grandes cada mes. Normalmente, entramos en detalle nas actualizacións que están por vir e pedimos opinións no noso Discord.

Xogos de rol

Entidades de Kanka

Kanka está construído en torno a unha lista duns 20 tipos de entidade diferentes. Estes son tipos predefinidos para elementos esenciais dunha campaña, incluíndo personaxes, lugares, familias, obxectos, misións, cadernos, calendarios, liñas temporais, e máis cousas. Todos comparten algunhas funcionalidades, mais son únicos e interaccionan de formas diversas entre si.

entity overview
entity inventory

Inventarios

Cada entidade pode ter o seu propio inventario. Esta funcionalidade é usada para xestionar cousas como as posesións dunha personaxe, o inventario dunha tenda, a recompensa dunha misión, a fortuna dunha familia, ou calquera cousa que se che ocurra. Os inventarios interaccionan cos obxectos da túa campaña, pero tamén é flexíbel e permite engadir obxectos sen ter que crear entidades para eles.

Habilidades

Igual que cos inventarios, calquera entidade pode ter habilidades. Crea habilidades na túa campaña e asígnaas ás túas entidades. Estas poden ser os poderes dunha personaxe, os efectos máxicos dun lugar, unha habilidade especial dada por ser parte dunha familia, unha maldición causada por paparlle a torta dunha bruxa... As habilidades poden ter cargas para levar nota de cantas veces foron usadas, e poden ser combinadas cos atributos da entidade.

entity abilities

Atributos

Probablemente a funcionalidade máis confusa e complexa das entidades, os atributos son datos simples que poden ser usados para cousas como tomar nota dos PV dunha personaxe, a populación dunha vila, o número de templos dunha relixión, etc. Os atributos dunha entidade poden referenciarse entre si para calcular valores; por exemplo, PV = Nivel * Constitución.

Os atributos dunha entidade tamén poden ser estilizados para ser mostrados como unha folla de personaxe de xogo de rol usando o noso Mercado.

entity attributes

Cadernos

Planifica as túas sesións ou escribe resumos dende o punto de vista dunha personaxe usando o módulo de cadernos. Os cadernos poden interaccionar cos calendarios para levar conta de cando foron escritos.

kanka journals

Misións

Prepara e sigue o progreso das misións da túa partida, que lugares entran en xogo, que personaxes participan, e que organizacións están involucradas. Unha vez a misión é completada, márcaa como tal e a pola seguinte!

kanka quest

Creación de mundos

Relacións

Precisas levar conta de que Fulano é rival de Mengano, ou de cal é o lugar de nacemento dalguén? Usa as relacións para definir as conexións que haxa entre as entidades do teu mundo. Precisas unha relación que estea oculta ás túas xogantes? Fácil, márcaa como privada!

As Campañas potenciadas teñen acceso a un explorador visual para as relacións dunha entidade.

Aprende máis sobre esta funcionalidade
entity relations table
entity relations explorer
kanka timelines

Liñas temporais

As liñas temporais permítenche ver claramente a historia dun país, dunha familia, dunha personaxe, ou calquera outro uso que se che ocurra. As liñas temporais son divididas en eras, e cada era contén elementos de texto que poden ser ligados a outras entidades da túa campaña.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Calendarios

Crea un ou varios calendarios para o teu mundo, tendo control completo sobre o número de días do ano, os meses, a lonxitude das semanas, estacións, as lúas e as súas fases, e moito máis. Adxunta eventos aos teus calendarios e lígaos con entidades para conseguir cousas como calcular a idade das personaxes automaticamente.

Aprende máis sobre esta funcionalidade kanka calendar

Mapas

Sube os teus preciosos mapas á túa campaña de Kanka e engádelles capas e marcadores para situar os teus lugares, personaxes, ou o que queiras. Controla quen pode ver cada marcador para evitar revelar secretos.

Aprende máis sobre esta funcionalidade kanka map

Editor

Non precisarás aprender programación para crear textos bonitos. Grazas a Summernote, podes usar texto enriquecido en todos os teus textos. O mellor de todo é que temos soporte para mencións a outras entidades usando o símbolo @.

editor

Funcionalidades potenciadas

Potenciadores de campaña

Algunhas funcionalidades só están dispoñíbeis para campañas potenciadas. Cando unha persoa se subscribe a Kanka, esta gaña certo número de potenciadores que pode usar en unha ou varias campañas. Estes potenciadores poden ser movidos de campaña a campaña a vontade, e duran ata que a persoa deixe de estar subscrita a Kanka.

Mira todas as funcionalidades potenciadas na nosa páxina de prezos.

Mercado

As campañas potenciadas poden instalar extensións do :mercado. Estes poden ser temas, padróns de atributos, ou paquetes de contido, e son creados pola comunidade, para a comunidade.

Estilos

As campañas potenciadas poden forzar o tema que o público visualiza na campaña, e tamén escribir o seu propio CSS para personalizar completamente o estilo da campaña.