Saltar navegación

Calendarios

Toda gran civilización precisa un xeito de seguir o paso do tempo e os eventos. Mentres as liñas temporais de Kanka serven para periodos extensos, os calendarios son para detallar día a día o que está pasando no teu mundo.

Os calendarios son bestas complexas con moitas opcións sutís. No nivel máis básico, os calendarios precisan meses, días da semana, e a data actual. Estes son os únicos campos obrigatorios para crear un calendario en Kanka.

Pero iso non é todo. Podes crear lúas, estacións, nomes das semanas e dos anos, definir o clima en calquer día, e moito máis.

Os calendarios tamén teñen opcións para definir meses intercalares, anos bisestos, reinicios semanais e mensuais... Tamén poden ser axustados para que a data avance automáticamente un día cando o reloxo do servidor chega a medianoite.

Unha vez o calendario está listo, podes engadirlle lembretes. Un lembrete é o que liga unha entidade da campaña con un calendario. Se un lembrete liga a unha entidade oculta, o lembrete tamén estará oculto. Os lembretes poden ser recurrentes cada mes ou cada ano. Un lembrete cunha duración de máis de dous meses deixará de ser mostrado no calendario tras os primeiros dous meses. Recomendamos crear dous lembretes para esas situacións: un no comezo e outro no final.

Kanka calendar

Explora un exemplo de calendario

Podes mostrar un calendario directamente nos taboleiros da túa campaña incluíndo o complemento de calendario. Isto tamén mostrará os eventos recentes e próximos. Os eventos recurrentes probablemente non saian na lista de eventos próximos.

Kanka calendar dashboard widget

Outras funcionalidades

Liñas temporais

Representa visualmente as liñas temporais dos teus mundos, imperios, familias nobres, ou incluso dunha personaxe.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Mapas

Sube mapas dos teus mundos, cidades, e covas, e engade marcadores e ligazóns neles.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Xestionar segredos

Toda entidade pode ter múltiples segredos ligados a ela en forma de notas de entidade. Estas poden ter permisos individuais para controlar quen pode velas, e poden ser fixadas na vista principal dunha entidade para ser facilmente accesíbeis.

Aprende máis sobre esta funcionalidade