Ao crear unha historia, probablemente queiras gardar segredos para que as xogantes da campaña os descubran máis tarde.
Toda entidade en Kanka pode ter Entradas, mostradas baixo a entrada principal dunha entidade. Aí é onde recomendamos gardar os segredos relacionados a unha entidade.
Ao crear unha entrada, podes configurar os seus permisos para decidir quen pode vela. Podes facela visíbel só á administración da campaña, só a ti (se queres gardar segredos persoais), só a integrantes da campaña (se a campaña é pública), ou visíbel para todo o mundo.
Tamén podes pasar destes permisos xerais e configurar permisos individuais para integrantes da túa campaña. Por exemplo, podes permitir que unha xogadora poida ver e editar unha entrada que só é visíbel para a administración. Ou podes ocultar unha entrada a unha xogadora en concreto, pero que sexa visíbel para outras.
A persoa que estea vendo a entidade só poderá ver as entradas para as que ten permisos de visualización.
Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeSube mapas dos teus mundos, cidades, e covas, e engade marcadores e ligazóns neles.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeCrea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.
Aprende máis sobre esta funcionalidade