Os mapas son a mellor maneira de explorar un mundo en Kanka. Sube mapas á túa campaña, engade capas e marcadores e deixa que as túas xogadoras descubran o mundo que construíches.
Toda campaña en Kanka pode ter varios mapas. Un mapa pode representar un mundo, un continente, un imperio, unha cidade, unha cripta, unha nave espacial, un mapa de batalla, e moito máis. Cada mapa ten unha imaxe base, enriba da cal podes engadir marcadores.
Os mapas tamén poden ter varias capas, que son imaxes mostradas baixo os marcadores. Para un efecto de néboa de guerra, podes subir un mapa con información oculta como imaxe base, e engadir unha capa co mapa totalmente descuberto e facela visíbel só para ti.
Os marcadores poden ter forma de rótulos, círculos, e varias formas. Estes poden ter un nome e descripción, ou apuntar a unha entidade da campaña. Se un marcador está ligado a unha entidade e a persoa vendo o mapa non ten permiso para vela, o marcador non será visíbel. Ao editar un mapa tamén podes crear grupos de marcadores, cada grupo pode ser mostrado ou oculto segundo o desexes. Por exemplo, podes ter un grupo de marcadores só visíbel para ti no que gardes todas as trampas dunha cripta.
Nas Campañas potenciadas, as iconas e as cores dos marcadores poden ser personalizadas, permitindo unha visualización do mapa máis clara. As persoas subscriptoras tamén poden subir imaxes máis grandes.
Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeCrea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeRepresenta visualmente as liñas temporais dos teus mundos, imperios, familias nobres, ou incluso dunha personaxe.
Aprende máis sobre esta funcionalidade