Saltar navegación

Permisos

Os permisos en Kanka poden ser axustados para controlar exactamente o que unha persoa pode e non pode ver. Podes facelos moi abertos ou moi restritivos, dependendo do que necesites.

Os permisos de Kanka están divididos en varios conceptos: permisos de rol e permisos de entidade. Por defecto, cada campaña ven cos roles Administración, Público, e Xogante. A Administración pode ver e facer todo na campaña. O rol de Público é usado se a campaña é pública para as persoas que non son parte dela, e por defecto non ten permisos. Por último, o rol de Xogante tampouco vén con permisos por defecto, e é usado para calquera integrante da campaña. Ao invitar a unha nova persoa á túa campaña, defines o rol co cal se une. Podes crear máis roles e mover persoas entre eles, así como ter persoas en varios roles á vez.

Kanka permission role

Un rol pode ser configurado de varias maneiras. Podes, por exemplo, permitir a integrantes dun rol ver e crear personaxes, pero non editalas nin eliminalas. Se unha persoa pode crear unha entidade pero non pode modificala, recibirán permisos de edición automaticamente.

Se non queres que as integrantes dun rol vexan todas as personaxes, podes configurar os permisos individualmente en cada personaxe, xa sexa editándoas individualmente ou usando o botón de edición en masa visíbel para a Administración na lista de personaxes. Os mesmos conceptos aplícanse para todos os tipos de entidade.

Kanka permission entity

Para revisar os permisos dunha persoa, vai á páxina de integrantes da túa campaña e fai clic no botón de "Ver como". Este botón só está dispoñíbel para a Administración da campaña, e só pode ser usado en persoas que non forman parte da Administración. Ao crear ou editar unha entidade usando esta función, a información será gardada no rexistro de cambios da entidade.

Kanka permission view as

A maioría de entidades teñen unha opción de "privacidade" que sobrescribirá todos os demais permisos. Ao activala, só a administración da campaña poderá ver a entidade.

Outras funcionalidades

Xestionar segredos

Toda entidade pode ter múltiples segredos ligados a ela en forma de notas de entidade. Estas poden ter permisos individuais para controlar quen pode velas, e poden ser fixadas na vista principal dunha entidade para ser facilmente accesíbeis.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Mapas

Sube mapas dos teus mundos, cidades, e covas, e engade marcadores e ligazóns neles.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Liñas temporais

Representa visualmente as liñas temporais dos teus mundos, imperios, familias nobres, ou incluso dunha personaxe.

Aprende máis sobre esta funcionalidade