Saltar navegación

Relacións

Constrúe unha complexa rede de relacións entre as entidades do teu mundo.

Se te atopas esquecendo quen era o pai dunha personaxe, crear relacións entre entidades é o que precisas. Toda entidade pode ter relacións con calquera outra entidade.

Kanka relations

Crea relacións entre dúas entidades, e usa o campo de atitude para saber como as persoas se senten unhas sobre as outras, ou usa cores para ver rapidamente que tipo de relación é. As relacións poden ser espelladas, de forma que cambiala nunha entidade tamén a cambie na outra entidade.

As relacións moi importantes tamén poden ser fixadas na páxina principal da entidade. Isto pode ser usado para asegurarte de non esquecer quen é a rival dunha personaxe.

As Campañas potenciadas tamén obteñen un explorador visual para navegar entre as relacións das entidades.

Kanka relation explorer

Outras funcionalidades

Permisos

Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Mapas

Sube mapas dos teus mundos, cidades, e covas, e engade marcadores e ligazóns neles.

Aprende máis sobre esta funcionalidade

Calendarios

Crea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.

Aprende máis sobre esta funcionalidade