O taboleiro dunha campaña é o primeiro que verás ao iniciar sesión. As campañas potenciadas poden ter varios taboleiros, controlando cales roles teñen acceso a cada un.
Ao crear a túa primeira campaña, o teu taboleiro incluirá unha nota de benvida e unha lista de entidades modificadas recentemente na campaña. Na parte de abaixo, un botón de configuración traerache a esta páxina. Só a administración da campaña ten acceso a esta interface.
Dende esta páxina podes engadir, modificar, e eliminar complementos do taboleiro. Os complementos poden ser movidos de sitio arrastrándoos á posición desexada. Esta funcionalidade non funciona en dispositivos móbiles.
As Campañas potenciadas teñen a opción de crear máis de un taboleiro. Un taboleiro pode ser creado facendo clic no botón Novo taboleiro
. Isto pídeche un nome e os permisos do taboleiro. Estas opcións poden ser cambiadas unha vez o taboleiro foi creado facendo clic no menú Accións
.
Os taboleiros personalizados teñen a opción de non mostrar a cabeceira da campaña, a cal é sempre visíbel no taboleiro por defecto. Colocar o complemento da cabeceira da campaña nun taboleiro personalizado fará que sempre apareza arriba de todo, independentemente de onde o coloques entre os demáis complementos.
Os permisos poden ser establecidos por módulos, ou en cada entidade por separado. As campañas tamén poden ser feitas públicas para que as vexa todo o mundo.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeCada entidade pode ter unha complexa rede de relacións con outras entidades, incluíndo relacións segredas invisíbeis para as xogadoras.
Aprende máis sobre esta funcionalidadeCrea calendarios personalizados e organiza as túas campañas en torno a eles.
Aprende máis sobre esta funcionalidade